miércoles, 4 de mayo de 2011

Wall Street

Por qué se titula así esta película?
Porque Wall Street é o nome da estreita calle neoyorquina situada no baixo Manhattan, entre Broadway e o East River. Considerado o corazón histórico do distrito financieiro, é o principal e permanente fogar da Bolsa de Valores de Nueva York.


Que nome recibe o traballo que realiza o protagonista, Bud Fox? (contesta co seu nome en inglés e en galego).
En galego dise corredor de Bolsa, e en inglés  broker.


Nun momento da película,  o pai de Bud Fox di: “Os cartos conseguen que fagas cousas que non queres facer “; e noutro momento o propio Bud di: “Véxome no espello e non me gusta o que vexo”. Comenta estas frases no contexto da película.
“Os cartos conseguen que fagas cousas que non queres facer “: quere dicir que as veces a cobizia fai que só che importe gañar cartos e non miras as cousas que che levan a gañar ese diñeiro.
 “Véxome no espello e non me gusta o que vexo”: quere dicir que nin se gusta a él mesmo xa que só ve a un home cobizoso que non lle importou mentir e manexar os demais para lograr os seus obxectivos.


Gordon Gekko e Bud manteñen un diálogosobre a ambición e a cobiza (codicia)... Que son? Ves algunha diferenza?
A cobiza é un desexo que sobrepasa os límites do ordinario ou lícito, califícase con este substantivo actitudes peyorativas no referente as riquezas.
A ambición é o desexo de poseer riquezas, fama, poder ou honores.
A diferencia é que unha persoa cobizosa podría danarse a si mesmo ou os demais para conseguir o que desexa.


Elabora unha opinión sobre as decisións que toma o protagonista, Bud Fox, argumentando se ti farías o mesmo ou te guiarías por outra escala de valores.
Eu non faría o mesmo xa que non me parece que sexa bo que non che importe mentir e pisotear os demais só por ter cartos, xa que o diñeiro non da a felicidade.
Ademais non me parece bo que se fixera tan cobizoso xa que xa tiña bastantes cartos e non lle facían falla mais e se lle fixeran falla eu penso que é mellor que os ganes traballando legalmente aínda que teñas que traballar mais duro e mais horas.

1 comentario:

  1. Cobiza (galego)
    En galego non hai "y" (neoiorquino, )
    Lembra que en galego, cando se fai a contracción entre a preposición "a" e o artigo "a" o resultado é "á" con til (tes este erro varias veces).
    Máis, cando é adverbio de cantidade, leva til: fátanche varios tiles...
    Ademais tes máis erros... Existen na actualidade correctores ortográficos (no propio procesador de textos ou on-line) así que non "hai perdón"... sendo un traballo de clase ;-)
    O contido está ben. A túa nota é de 4,5 sobre 5 (pola ortografía)

    Respecto ao contido está ben

    ResponderEliminar